FOTOGALICIAAlumnos do IES de Sar

A educación pública volve a ser o branco dos recortes do goberno. Nós, o alumnado do IES de Sar, estamos sufrindo un claro exemplo deles.

Tras a xubilación dun dos profesores do departamento de filosofía, fomos entrando en consciencia co paso dos días, nos que o profesorado nos informaba, que a praza vacante non sería cuberta. Iso provoca que só atopemos un profesor en todo o centro que ten os coñecementos necesarios para impartir esa materia. O posto, inicialmente, ía ser cuberto por unha substituta que, ao chegar ao centro, viuse na situación de que a súa praza estaba noutro instituto.

Despois de numerosas protestas da xefatura de estudos cara a Consellería de Educación (co curso xa comezado), ista alegou que en ningún momento aceptaran a cuberta do posto do profesor que se xubilara. Pola contra, a súa proposta era a seguinte: xa que un profesor de filosofía non podía darlle clase a doce cursos, outros profesores do claustro deberían repartir as horas lectivas e dar esa materia da que nin tiñan experiencia nin preparación para ensinarnos coa calidade necesaria. Ademais de isto, recomendaron eliminar do programa a materia de antropoloxía na que estaban matriculados vinte alumnos de 1º de Bacharelato, os cales se verían na obriga de estudar outras materias que eles non escolleran.

Ao ser confirmada a ausencia definitiva dunha substitución para a vacante, decidimos mobilizarnos para conseguir que mandasen un ou unha profesor/a para os case 120 alumnos que quedan sen un docente especializado. O primeiro foi sacar a clase ao exterior para que a ensinanza pública fose visible dunha vez por todas, despois decidimos informar aos medios de comunicación e ao Sindicato de Estudantes para que esta inxustiza sexa visible.

Huelga 27S: 12h todas y todos a las manifestaciones

 

MADRID 

Sol

 

CATALUNYA

Barcelona: Plaça Universitat

Tarragona: Plaça Imperial Tàrraco

Girona: Plaça de l'1 d'Octubre del 2017

 

EUSKAL HERRIA 

Vitoria: Virgen Blanca

Bilbo: Arriaga

Donosti: Boulevard

Iruñea: Udaletxeko Plaza

 

GALIZA

Vigo: Farola Urzáiz

Ferrol: Edificio Xunta

Lugo: Edificio Xunta

 

ANDALUCÍA

Málaga: Plaza de la Constitución

Granada: Plaza del Carmen

Huelva: Plaza de las Monjas

Sevilla: Plaza Nueva

Cádiz: Plaza San Juan de Dios

Córdoba: Plaza de las Tendillas

 

PAÍS VALENCIÀ

València: Facultat d'Història (Avinguda Blasco Ibáñez 28)

Castelló: Plaça de la Independència

Alacant: Escalinates Jorge Juan

 

ASTURIAS

Gijón: Plaza del Parchís

Oviedo: Plaza La Escandalera

 

ARAGÓN

Zaragoza: Plaza San Francisco

 

CASTILLA-LA MANCHA

Toledo: Zocodóver

Guadalajara: Sudelegación de Gobierno

 

CASTILLA Y LEÓN

Salamanca: Plaza de los Bandos

 

ILLES BALEARS

Palma de Mallorca: Plaça del Tub