Uns días atrás, o conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, anunciou unha serie de medidas coas que fomentar a “neutralidade ideolóxica”, empezando no vindeiro curso académico. Aínda que o conselleiro non explicou os detalles destas instruccións, si que asegurou que os centros deberán remitir o conxunto das súas actividades á Xunta para a súa aprobación.
Esta norma, que non é máis que un calco do pin parental de Vox, actuará como un filtro para que calquer tipo de actividade que o Partido Popular considere inadecuada non se leve a cabo, e dicir, nada de reivindicacións, de obradoiros sobre sexualidade ou xénero, de educación ambiental que alcance máis que a reciclaxe máis básica.
Pero, cal é esta “neutralidade ideolóxica”? É neutral que exista a materia de relixión? É neutral a forma sistemática en que se opacan as mulleres nas ciencias? Pois claro que non, a neutralidade que defende a Xunta non é máis que a viva imaxe da censura franquista, que elimina o que vai na súa contra.
Piden a neutralidade porque estudantado e profesorado están a protagonizar protestas contra os recortes ao ensino público, contra a súa colaboración con Altri, contra a violencia machista ou contra o xenocidio sionista en Gaza. A educación é a punta de lanza dos movementos sociais e das reivindicacións, eso é o que lles molesta.
Entendemos que este non é máis que o primeiro paso do encrudecemento da represión do PP na educación e, por iso, dende o Sindicato de Estudantes esiximos a retirada inmediata destas instruccións e dos ataques ao ensino público.